Sobre min

Ola! Preséntome: son Sunes. Nacín na Coruña pero levo máis de dez anos en Alemania. Son enxeñeira informática e creo aplicacións móbiles pola miña conta. Antes diso adiqueime á organización, planificación e programación de software no eido da loxística e a industria. Para 2022 preparo un proxecto sobre o galego en forma de aplicación móbil (O Peto) que espero que sexa interesante! Ademáis de co software, tamén paso o tempo quitando fotos e encántame estar na natureza :) Unha aperta!